08 enero, 2012
Autor: Jose M.
Deixa 1 comentario →
Xa está a vosa disposición o boletín informativo correspondente o mes de Xaneiro de 2012 e que mensualmente publica a Asociación Veciños de Amorin.
Enlace de descarga: Boletin informativo Xaneiro 2012
[46]
comentarios (0) →
23 diciembre, 2011
Autor: Jose M.
Comentarios desactivados
O domingo 18 de decembro, celebrouse a exposición das postais de Nadal convocado por a Asociación Veciños de Amorín, en colaboración co Concello de Tomiño.
De 11 a 13 da mañán, estivo aberta esta exposición ao público.
Tamén tivo lugar a entrega dos agasallos ás nenas gañadoras do concurso nas diferentes modalidades convocadas. De todas as postais que se presentaron a concurso, procedentes das Escolas de Amorín, Sobrada, Estás, Carregal, e Taborda, foron seleccionadas, por categorias, as seguintes:
Primeira Categoría (hasta 5 anos): SOFÍA GÓMEZ DOMÍNGUEZ
Segunda Categoría (de 5 a 9 anos): ANDREA SIO CEBADA
Terceira Categoría (de 10 a 13 anos): IRIA RODRÍGUEZ HUERTAS
Cuarta Categoría: O premio quedou deserto.
O Xurado elixiu a postal de OLALLA VIZOSO GONZÁLEZ, para darlle un premio a súa creatividade, ao representar nela elementos de Amorín e do Nadal.
¡¡ GRACIAS A TODOS OS PARTICIPANTES !!
Comentarios desactivados
07 diciembre, 2011
Autor: Jose M.
Comentarios desactivados
A Asociación Veciños de Amorín, organiza o Concerto de Nadal 2011, co que se pon fin ao III CICLO DE MÚSICA CLÁSICA DE AMORÍN.
Cada ano, chegado o tempo do Nadal, esta Asociación, organiza un concerto de música. O vindeiro domingo día 11 de decembro, terá lugar ás 11h da mañán, na igrexa parroquial de San Xoán de Amorín.
Neste concerto de Nadal, interpretado por CAMERATA VIGUESA, baixo a dirección de Armando Toledo, interpretaranse obras de Vivaldi, Taylor, Strauss,… etc.
Esta Asociación cultural e musical, actuará baixo as súas formacións de Orquestra Infantil e Orquestra Xuvenil, formadas por 26 integrantes, entre violíns, violoncellos, contrabaixos, clarinetes, fagot, percusión e frauta.
Colaboran Concello de Tomiño, Camerata Viguesa e Armando Toledo Academia.
Comentarios desactivados
06 diciembre, 2011
Autor: Jose M.
Comentarios desactivados
O día 8 de decembro, terá lugar o curso breve de elaboración de centros florais para o Nadal.
Os que queiran participar, deben acudir á Casa dos Mestres, a partir das 5 da tarde.
Cada persoa debe levar os utensilios e materiais que vaia a usar na composición destes adornos.
Os centros elaborados formarán parte dunha exposición.
Comentarios desactivados
06 diciembre, 2011
Autor: Jose M.
Comentarios desactivados
A Asociación Veciños de Amorín, vai colaborar coa campaña promovida dende o Concello de Tomiño, para recoller por as parroquias alimentos non perecedoiros e xoguetes en bo estado, destinados a familias que o precisen.
As persoas que queiran colaborar, poden achegar as súas doazóns os días 8 de decembro de 17 a 19 horas e o día 18 de decembro de 11 a 13 horas, na Casa dos Mestres de Amorín.
A entrega das doazóns, será organizada por os Servizos Sociais do Concello de Tomiño.
LEMBRA que cerca túa
hai xente necesitada
.
.
Comentarios desactivados
03 diciembre, 2011
Autor: Jose M.
Comentarios desactivados

A Asociación Veciños de Amorín, empezou a recoller o pasado domingo 27, as postais do concurso que organiza, dirixido a nenos e nenas, dende os 3 ata os 16 anos.
Este concurso de postais de Nadal, está aberto a tod@s.
O próximo domingo 4 de decembro será o segundo día no que se poden entregar as postais de todos os que queiran participar.
Os traballos deben presentarse na Casa dos Mestres o domingo de 11 a 12 da mañá.
O xurado calificador, elixirá un gañador en cada categoría, entre todos os traballos presentados, que serán expostos na Casa dos Mestres o dia 18 de decembro.
Entre todas as postais presentadas, elixirase unha, que será a utilizada para felicitar o Nadal a todos os soci@s.
O gañador de cada unha das catro categorías, recibirá un diploma acreditativo e un agasallo:
PREMIOS:
- 1ª CATEGORÍA:(hasta 5 anos) – PIZARRA MAGNÉTICA.
- 2ª CATEGORÍA: (de 5 a 9 anos) – UN MP3.
- 3ª CATEGORÍA: (de 9 a 13) – UN MP3.
- 4ª CATEGORÍA: (de 14 a 16) – UN MP3.
Aquí as bases de concurso.
.
Comentarios desactivados
14 noviembre, 2011
Autor: Jose M.
Comentarios desactivados

DATA: 19 NOVEMBRO 2011
HORA: 20:30
LUGAR: IGREXA DE AMORIN
ACTUAN: Grupo de clarinetes KLASON da Agrupación Municipal do Rosal.
ORGANIZA: Asociación Veciños de Amorin
COLABORAN: Concello de Tomiño e Diputación Provincial de Pontevedra.
Comentarios desactivados