Arquivo de ‘actividades’

Entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal

23 diciembre , 2011 Autor: Jose M. Categoria: actividades

O  domingo 18 de decembro, celebrouse a exposición das postais de Nadal convocado por a Asociación Veciños de Amorín, en colaboración co Concello de Tomiño.

De 11 a 13 da mañán, estivo aberta esta exposición ao público.

Tamén tivo lugar a entrega dos agasallos ás nenas gañadoras do concurso nas diferentes modalidades convocadas.  De todas as postais que se presentaron a concurso, procedentes das Escolas de Amorín, Sobrada, Estás, Carregal, e Taborda, foron seleccionadas, por categorias, as seguintes:

Primeira Categoría (hasta 5 anos): SOFÍA GÓMEZ DOMÍNGUEZ

Segunda Categoría (de 5 a 9 anos): ANDREA SIO CEBADA

Terceira Categoría (de 10 a 13 anos): IRIA RODRÍGUEZ HUERTAS

Cuarta Categoría: O premio quedou deserto.

O Xurado elixiu a postal de OLALLA VIZOSO GONZÁLEZ, para darlle un premio a súa creatividade, ao representar nela elementos de Amorín e do Nadal.

¡¡ GRACIAS A TODOS OS PARTICIPANTES !!

Concerto de Nadal

07 diciembre , 2011 Autor: Jose M. Categoria: actividades, Musica

A Asociación Veciños de Amorín, organiza o Concerto de Nadal 2011, co que se pon fin ao III CICLO DE MÚSICA CLÁSICA DE AMORÍN.

 

Cada ano, chegado o tempo do Nadal, esta Asociación, organiza un concerto de música. O vindeiro domingo día 11 de decembro, terá lugar ás 11h da mañán, na igrexa parroquial de San Xoán de Amorín.

 

Neste concerto de Nadal, interpretado por CAMERATA VIGUESA, baixo a dirección de Armando Toledo, interpretaranse obras de Vivaldi, Taylor, Strauss,… etc.

 

Esta Asociación cultural e musical, actuará baixo as súas formacións de Orquestra Infantil e Orquestra Xuvenil, formadas por 26 integrantes, entre violíns, violoncellos, contrabaixos, clarinetes, fagot, percusión e frauta.

 

Colaboran Concello de Tomiño, Camerata Viguesa e Armando Toledo Academia.

Centros Florais de Nadal

06 diciembre , 2011 Autor: Jose M. Categoria: actividades

O día 8 de decembro, terá lugar o curso breve de elaboración de centros florais para o Nadal.

 

Os que queiran participar, deben acudir á Casa dos Mestres, a partir das 5 da tarde.

 

Cada persoa debe levar os utensilios e materiais que vaia a usar na composición destes adornos.

Os centros elaborados formarán parte dunha exposición.

Recollida concurso postais nadal

03 diciembre , 2011 Autor: Jose M. Categoria: actividades

A Asociación Veciños de Amorín, empezou a recoller o pasado domingo 27,  as postais do concurso que organiza, dirixido a nenos e nenas, dende os 3 ata os 16 anos.
Este concurso de postais de Nadal,  está aberto a tod@s.

O próximo domingo 4 de decembro será o segundo día no que se poden entregar as postais de todos os que queiran participar.
Os traballos deben presentarse na Casa dos Mestres o domingo  de 11 a 12 da mañá.
O xurado calificador, elixirá un gañador en cada categoría, entre todos os  traballos presentados, que serán expostos na Casa dos Mestres o dia 18 de decembro.
Entre todas as postais presentadas, elixirase unha, que será a utilizada para felicitar o Nadal a todos os soci@s.

O gañador de cada unha das catro categorías, recibirá un diploma acreditativo e un agasallo:

PREMIOS:

- 1ª CATEGORÍA:(hasta 5 anos)  – PIZARRA MAGNÉTICA.

- 2ª CATEGORÍA: (de 5 a 9 anos) – UN MP3.

- 3ª CATEGORÍA: (de 9 a 13) – UN MP3.

- 4ª CATEGORÍA: (de 14 a 16) – UN MP3.

 

Aquí as bases de concurso.
.

Concerto de Clarinetes en Amorin

14 noviembre , 2011 Autor: Jose M. Categoria: actividades, Musica

 

 

 

DATA: 19 NOVEMBRO 2011

HORA: 20:30

LUGAR: IGREXA DE AMORIN

ACTUAN: Grupo de clarinetes KLASON da Agrupación Municipal do Rosal.

 

 

 

 

 

 

 

ORGANIZA: Asociación Veciños de Amorin

COLABORAN: Concello de Tomiño e Diputación Provincial de Pontevedra.

Magosto 2011 en Amorin

02 noviembre , 2011 Autor: Jose M. Categoria: actividades

Data: Sábado 5 de novembro

Hora: a partir das 5 da tarde

Lugar: Casa dos mestres de Amorin

 

Castañas asadas e viño novo para tod@s, queimada, música e animación.

 

Organiza Asociación veciños de Amorin e colabora o Concello de Tomiño.

Clases de ximnasia a partir de outubro

15 septiembre , 2011 Autor: Jose M. Categoria: Curso

No mes de outubro, comezarán de novo as clases de Ximnasia de mantemento na Casa dos Mestres de Amorín.

Terán lugar, cada martes e xoves, no horario habitual de 20h00 a 21h00.

Despois das 21h00, haberá tamén un servizo de masaxe terapeutico, para as persoas que o demanden.

 

A inscrición no enderezo avdamorin@gmail.com e no teléfono 698 170778

 

Fotos do curso anterior


Clases de aerobic en Amorin

14 septiembre , 2011 Autor: Jose M. Categoria: Curso

No mes de outubro, comezará na Casa dos Mestres de Amorín, a actividade de Aeróbic.

Esta actividade desenvolverase cada venres, no horario de 19h30 a 20h30.

Os grupos terán unha capacidade máxima de 15 persoas.

O prezo será de 12 € por mes.

O comenzo do curso será o día 7 de outubro.

 

A inscripción no enderezo avdamorin@gmail.com e no teléfono 698 170778