Arquivo de ‘andainas’
Andaina en Carregal dentro do ciclo “Coñece as nosas parroquias”
A Federación de Asociacións de Tomiño, en colaboración coa Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal, continúa o ciclo “Coñece as nosas parroquias”. O vindeiro sábado 26 de marzo, terá lugar a andaina correspondente a Carregal.
A saída será as 16:00 da tarde na Ponte de Carregal (ao carón da estrada de Tui a Garda), á altura da ponte do Rio Furnia. Farase un percorrido por o paseo fluvial, o embarcadoiro, a Veiga de Abaixo, o Muiño das Regadas e a Ponte da Faia.
Volven as ANDAINAS
A partir deste sábado 10 de Abril de 2010 volvemos a sair de andaina tódolos sábados a partir das 8 da tarde. Como noutros anos trataremos de percorrer os camiños, pistas, carreiros, ribeiras, etc do noso pobo. Durante aproximadamente una hora, cada sábado trataremos de manter o noso corpo un pouco mais en forma, aparte de pasalo ben en compañía dos veciños.
LEMBRA: “O deporte é saude”
Andaina 9 de Maio
O sabado 9 de Maio tivemos a nos habitual andaina dos sabados. Antes de partir da praza da igrexa houbo
SORPRESA para tódolos participantes. A asociación tiña preparado para todos unhas camisetas de regalo para lucir na andaina e ir todos con camiseta nova a lucila pola parroquia. Os pequenos sobretodo eran os que mais contentos estaban, ainda que mais de algun maior non ocultaba a sua cara de alegría.
Dende aqui queremos agradecer o Concello de Tomiño, e concretamente a sua concellalia de cultura, a aportación de estas camisetas para desta maneira incentivar o deporte e a vida sana.
Tamen queremos agradecer a todalas persoas que habitualmente nos acompañan nas andainas dos sábados, porque elas son as que nos animan a seguir adiante con estas e outras actividades que pouco a pouco, a nova asociacion veciños de Amorin, está pondo en marcha.
3ª Andaina
O sábado 3 de abril tivo lugar a terceira andaina. As 8 da tarde nos xuntamos na praza da igrexa mais de 30 persoas dispostas a andar e pasalo ben.
O percorrido desta vez foi en dirección o barrio de Carregal, cruzamos a carretera xeral e nos desviamos hacia os camiños que levan o esteiro do Furnia. Alí percorremos os camiños paralelos o rio e observamos o estado lamentable no que se ncontran os vellos muiños. Tamen alguns veciños coñeceron o lugar donde estan os pozos de captación de auga da atraida da parroquia. Despois voltamos pola ponte seca hacia o centro da parroquia y chegamos a igrexa.
Para rematar foto de costume que xa queda para a lembranza.
Os nenos que asistiron a andaina participaron no sorteo de un lote de chaleco e bandas reflectantes.
Noraboa a todos pola sua participacion.
Segunda andaina 4 de abril de 2009
O sábado 4 de abril as 8 da tarde arrancaba a segunda andaina organizada pola nosa asociación. Na praza da igrexa reunianse mais de 25 persoas dispostas a compartir e vivir unha hora de andaina e convivencia. Percorremos camiños dos barrios da Rotea, Baceiro i Outeiro. Regresamos a praza da igrexa aproximadamente as 21:10 i ali decidimos quitarnos unha foto de grupo para non olvidar este momento.
Gracias a todolos participantes.
Primeira Andaina
O sábado 28 de marzo tivo lugar a primeira andaina organizada pola Asociación de Veciños de Amorin. As 7 da tarde reunianse na praza da igrexa de Amorin un grupo de mais de 30 persoas dispostas a camiñar i disfrutar dunha tarde primavera. Percorremos durante unha hora os camiños dos barrios da Rotea, Baceiro, ribeira de Moldes, parque da Raña, montes do costado en Curras e voltamos polo barrio do Outerio hacia a praza da ingrexa. Foi unha hora de deporte, divertimento, convivencia e coñecemento de camiños e lugares olcidados para moitos.
A organización quere expresar a sua ledicia pola boa resposta dos veciños que colaboraron nesta andaina i animan a todolos demais a incorporarse a estas andainas dos sábados do mes de abril.


