Arquivo de ‘Curso’

Clases de aerobic en Amorin

14 septiembre , 2011 Autor: programacion Categoria: Curso

No mes de outubro, comezará na Casa dos Mestres de Amorín, a actividade de Aeróbic.

Esta actividade desenvolverase cada venres, no horario de 19h30 a 20h30.

Os grupos terán unha capacidade máxima de 15 persoas.

O prezo será de 12 € por mes.

O comenzo do curso será o día 7 de outubro.

 

A inscripción no enderezo avdamorin@gmail.com e no teléfono 698 170778

Clases de Baile moderno

05 septiembre , 2011 Autor: programacion Categoria: Curso

O vindeiro 16 de setembro, comezará na Casa dos Mestres de Amorin, a actividade de baile moderno, dirixida a nenos e nenas.

Poden apuntarse os rapaces e rapazas que teñan entre 8 e 14 anos.

As prazas son limitadas, xa que o número máximo é de 15 persoas. A inscrición será por orde de entrada.

Esta actividade terá lugar de 18h00 a 19h00.

O prezo é de 12 € por mes.  A inscripción no enderezo avdamorin@gmail.com e no teléfono 698 170778

Curso de encaixe de bolillos

02 septiembre , 2011 Autor: programacion Categoria: Curso

A Federación de Asociacións Terra Miño, convoca unha nova edición do Curso de Bolillos.

O curso comezará o vindeiro martes 4 de outubro.

Este curso, que se ven impartindo na Casa da Cultura de Tomiño, terá lugar cada venres, de 16h30 a 19h30 da tarde.

As prazas son limitadas. Haberá un máximo de 12 persoas en cada quenlla. Se houbera moita afluencia, faríase outro curso en paralelo.

Poden anotarse todas as persoas que o soliciten, interesadas na aprendizaxe desta arte manual.

O prezo do curso é de 25 euros por mes.

Os membros das asociacións pertencentes á Federación (Asociación Veciños de Amorín, Asociación Veciños de Carregal, Asociación Veciños de Currás, Asociación de Veciños de Sobrada, Asociación Veciños de Taborda, Asociación Veciños de Barrantes, Asociación Veciños de Pinzás e Asociación Veciños O Árbol de Vilachán), só deberán pagar 15 euros.

 

O teléfono de contacto, para anotarse é 699 198853.

Curso de pandereta

25 junio , 2011 Autor: programacion Categoria: Curso

A Asociación Veciños de Amorín ven de organizar un curso de pandereta.

As clases teñen lugar na Casa dos Mestres de Amorín, todos os venres, de 21 a 23 horas.

Quince persoas, de todas as idades, da parroquia de Amorín e de fora dela, forman o grupo de alumnos e alumnas, que aprenden a tocar e cantar, nun magnifico ambente de camaradería.

Se algunha persoa quere incorporarse a este curso, aínda está a tempo.

 

Comenzo do curso de pandereta

30 mayo , 2011 Autor: programacion Categoria: Curso

 

O venres día 3 de xuño a partir das 21:30 horas na casa dos Mestres de Amorin, comenza o curso de pandereta organizado pola Asociación Veciños de Amorin. Este curso de duración de varios meses será impartido todolos venres de 21:30 a 23:00 horas.

Clausura do curso de relaxación

27 mayo , 2011 Autor: programacion Categoria: Curso

Hoxe clausurouse o curso de Relaxación, que se viña desenvolvendo na Casa dos Mestres, en Amorín, organizado por a Asociación Veciños de Amorín en colaboración coa Federación de Asociacións Terra Miño.

Na clausura, o Presidente da Asociación, José Quinteiro, foi entregando o diploma acreditativo de asistencia, a cada una das once persoas que asistiron durante os meses que durou este curso.

Asistiu á clausura, o Presidente da Federación de Asociacións Terra Miño, Modesto Rouco, que agradeceu o traballo que ven a desenvolver esta Asociación de veciños e felicitou a todos os asistentes, por o aproveitamento deste curso.

Clases de pandereta en Amorin

31 marzo , 2011 Autor: programacion Categoria: Curso

panderetasA Asociación Veciños de Amorín está organizando un grupo de persoas para asistir a clases de panderetas. As clases serán un día á semana e terán unha duración de 90 minutos aproximadamente.

Todas aquelas persoas que estén interesadas, pódense por en contacto con esta Asociación mediante o correo: avdamorin@gmail.com ou no teléfono 698 17 07 78.

Curso de informática en Amorin

30 marzo , 2011 Autor: programacion Categoria: Curso

curso_informatica_amorin

O martes 29 de marzo, comenzou en Amorín, na Casa dos Mestres, un curso de iniciación a informática, organizado pola aula móvil do Concello de Tomiño, en colaboración coa Asociación Veciños de Amorín.

Os cursos que se impartirán son:

• INICIACIÓN Á INFORMÁTICA

• PROCESADOR DE TEXTOS

• MANEXO DE CÁMARA DIXITAL

• GRAVACIÓN DE CD E DVD

• ELABORACIÓN DE C.V.

Todos/as veciños/as que estén interesados en facer algún destes cursos, pódense por en contacto coa Asociación de Veciños ou a OMIX do Concello de Tomiño.