Arquivo de ‘Deporte’
Clasificacions da III Carreira de Amorin
Xa están a vosa disposicion os listados coas clasificacions da III carreira popular de Amorin.
FAI CLICK AQUI
III CARREIRA DE AMORIN.
Hoxe, 5 de xuño de 2011, terá ñugar a III carreira popular de Amorin. As inscripions estan pechadas, excepto para as categorias inferiores.
VOS ESPERAMOS A TOD@S

Rematou a II carreira de Amorin
Según o horario previsto demos por rematada a II Carreira de Amorin. Este evento deportivo que organiza a Asociación Veciños de Amorin superou en inscritos i en participantes a do ano pasado.
A proba de este ano en categoría absoluta incorporouse o Circuito galego de Correr en Galicia o cal supuxo un aumento no número de participantes nesta categoría.
Nas categorias mais xóvenes demostraron que a canteira do atletismo sigue puxando forte i foron coma sempre os protagonistas desta carreira popular.
Os próximos días publicaremos as clasificacions e as fotos deste acontecemento deportivo.
Queremos agradecer a colaboración prestada pola Concellaria de Deportes do Concello de Tomiño, así como o apoio e aportación de medios i experiencia do Clube de Atletismo Porriño. Non podemos olvidar tampouco o apoio mostrado polas diferentes casas comercias que aportaron materias necesarios como bebidas, iogures, etc.
Desde a directiva da asociación Veciños de Amorin queremos enviar un agradecemento especial o grupo de voluntarios que prestaron o seu apoio a organización da proba e tampouco queremos esquecer o grupo de voluntarios de Protección Civil de Tomiño, asi como a presencia da Cruz Vermella.
A todos MOITAS GRACIAS, sobretodo os participantes.
-:-
.
.
.
.
.Deixanos os teus comentarios sobre a proba e sobre a organización
Fotos e clasificacions da I Carreira de Amorin
Xa están publicadas as fotos da I Carreira de Amorin. Podedes velas no apartado de fotos desta web.
Agradecemos o traballo fotográfico realizado por Victoria Alvarez
Tamen xa estan o voso dispor as listas de clasificacions.
Rematou a primeira carreira de Amorin.
O domingo 7 de xuño celebrouse a I CARREIRA DE AMORIN. Tratábase do primeiro evento deportivo organizado pola Asociación Veciños de Amorin en colaboración co Clube de Atletismo Porriño e o Concello de Tomiño.
A participación e inscripción superou tódalas expectativas dos organizadores. Os cálculos de asistencia estaban previstos para uns 100 atletas e antes de comenzar as probas as inscripcións superaban os 280 inscritos. Hai que decir tamén que a amenaza de choiva evitou que tódolos inscritos apareceran en liña de saida pero o final a participacíon superou os 180 corredores.
A pesares de que o dia non presentaba un sol claro e a choiva rondaba Amorin o final poideron celebrarse tódalas probas dentro do horario previsto e somentes fixo a súa aparición cando xa se procedía a entrega de premios. A dita entrega acudiron a alcaldesa Sandra Gonzalez e concelleiros como Santiago Vergara, Jesus Castiñeira, Pablo Vaquero e Francisco Campos asi coma o presidente da Federación de asociacions Terra Miño.
A organización quere agradecer a asistencia de tódolos corredores, asi como por os seus ánimos e parabens para a organización.
Tampouco queremos olvidar a axuda prestada polo Clube de Atletismo Porriño, concretamente o seu representante Jose Antonio, a aportación económica e de medios do Concello de Tomiño, o grupo de Protección civil de Tomiño, voluntarios de Amorin, comisión de festas de San Xoan de Amorin e as diferentes casas comerciais que fixeron posible este evento.
PRIMEIRA CARREIRA DE AMORIN

_
A Asociación Veciños de Amorín, coa colaboración do Excmo. Concello de Tomiño, organiza a “I CARREIRA DE AMORÍN“, que se celebrará o día 7 de xuño de 2009, a partires das 11:30 horas, diante da igrexa parroquial de Amorín, no Concello de Tomiño.
.











