Excursión cultural 2010
A ASOCIACIÓN VECIÑOS DE AMORÍN, organiza unha visita cultural a zona da Ribeira Sacra e Val do Lemos.
O próximo sábado 15 de maio, sairá un autobús do torreiro de Amorín, as 8 da mañán, en dirección á Ribeira Sacra.
En Sober, unha guía da Oficina Municipal de Turismo, incorporarase o grupo, para pórse a disposición dos viaxeiros, durante todo o percorrido polo concello.
Iniciarase este, nos muíños do Xabrega, regueiro no que se atopa o máis importante conxunto de muíños do municipio de Sober. En pouco máis de tres quilómetros de lonxitude, as súas augas movían 28 muíños e dous batáns. Tratase dun excepcional conxunto etnográfico.
A comida do mediodía terá lugar no restaurante rural A Cantina, establecemento situado nun entorno de viñas e mosteiros, nacidos ao carón do río Sil. Este establecemento A Cantina, recentemente restaurada, pero que sigue a conservar a tradición familiar na cociña dende 1947.
Despois de comer, iniciase a visita a Adega Regina Viarum, que se atopa no corazón da Ribeira Sacra,en Amandi. Coma outras adegas, está situada nunha terra única, na que os romanos se instalaron, as beiras do río Sil, para principia-la plantación da uva e a elaboración do viño que enviaban a Roma, Hoxendía, aínda podemos disfrutar das lembranzas desta civilización, como os restos dunha calzada romana que se atopa nas inmediacións da Adega.
A continuación, visitarase a alfarería de Gundivós, onde o último alfareriro, fará unha demostración da elaboración das pezas de barro. En plena Ribeira Sacra , transmitida de xeración en xeneración , Gundivós sigue sendo un referente na alfarería de Galicia. O seu innegable valor etnográfico, pódese apreciar nas pezas que ali se elaboran e das que, a peza máis emblemática é o “Xarro”.
Volverase por Monforte de Lemos.
O prezo desta visita cultural é de 30 euros para os socios e de 35 euros para os que non son socios. Os nenos, fillos de socios, só pagan 25 euros.
Este prezo inclúe o transporte, a comida e todas as visitas.
As persoas que queiran anotarse, poden facelo, de varias maneiras:
- a través da páxina web da Asociación www.damorin.es en contacto
- chamando aos teléfonos 605 094 852 e 607 444 020
- cada domingo, de 11 a 12, na Casa do Pobo, en Amorín.
