Concerto de Nadal
A Asociación Veciños de Amorín, organiza o Concerto de Nadal 2011, co que se pon fin ao III CICLO DE MÚSICA CLÁSICA DE AMORÍN.
Cada ano, chegado o tempo do Nadal, esta Asociación, organiza un concerto de música. O vindeiro domingo día 11 de decembro, terá lugar ás 11h da mañán, na igrexa parroquial de San Xoán de Amorín.
Neste concerto de Nadal, interpretado por CAMERATA VIGUESA, baixo a dirección de Armando Toledo, interpretaranse obras de Vivaldi, Taylor, Strauss,… etc.
Esta Asociación cultural e musical, actuará baixo as súas formacións de Orquestra Infantil e Orquestra Xuvenil, formadas por 26 integrantes, entre violíns, violoncellos, contrabaixos, clarinetes, fagot, percusión e frauta.
Colaboran Concello de Tomiño, Camerata Viguesa e Armando Toledo Academia.
