Folla informativa setembro 2010

13 septiembre, 2010 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

boletinXa está a vosa disposición a folla informativa de setembro que edita a nosa asociación.

.

Si queredes baixala facer click aqui ou diríxete o apartado de boletins desta web


Folla informatica Xullo 2010

05 julio, 2010 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

Xa está a vosa disposición a folla informativa que esta asociacion de veciños edita mensualmente.

Para descargala podes facer click aqui ou no apartado de Boletins desta páxina web


Sardiñada de San Xoan en Amorin

25 junio, 2010 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

A noite do 23de xuño, e como xa é costume en Amorin, acudimos á sardiñada que organizou a Comisión de Festas de San Xoán. Alí disfrutas dunha espectacular noite de verán, asi como compartimos unhas horas cos veciños de amorin e doutros pobos. O pan e as sardiñas, estaban moi bos. As doce da noite, prenderon lume á espectacular fogueira.

Mais fotos, facendo click aqui


Xuntanza de asociacions en Pinzas

22 junio, 2010 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

A Federación de Asociacións Terra Miño organizóu o dia 19 de xuño unha xuntanza en Pinzás. A paraxe realmente fermosa, a tranquilidade do lugar e o ambiente familiar, conseguiron que as familias que participaron, pasaran un día realmente agradable.

Participaron as asociacións de Currás, Carregal, Amorín, Taborda, Vilachán, Pinzás, Sobrada e Barrantes.

Despois de xantar, fixéronse xogos nos que participaron grandes e pequeños. Carreiras de sacos, salto de corda , zancos, rá, …

Ao remate, todos poideron asistir a un un partido da última xornada de liga de baloncesto á cabalo. Un deporte realmente espectacular.

Xa podedes mirar mais fotos, facendo click aqui


    Xa está a disposicion de todos a folla informativa correspondente o mes de xuño de 2010. Nela contamos as próximas actividades, asi como damos conta das xa feitas en datas anteriores. Podes baixala no apartado de Boletins desta web ou facendo click aqui


Xuntanza de Asociacions de Veciños en Pinzas

16 junio, 2010 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

XUNTANZA FEDERACIÓN1

Organiza: Federación de asociacions Terramiño.

dia: 19 de Xuño

Lugar: Parque de Pinzas

Hora: apartir das 13:00

Xornada de diversión para toda a familia con xogos populares.

.

.

.

.

.

.


O piano sonou en Amorin

13 junio, 2010 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

Por primeira vez sonou en Amorin un concerto de piano. Este evento musical programado pola Asociacion Veciños de Amorin forma xa parte da historia recentede Amorin. Entre outras iniciativas levadas a cabo pola nosa asociación de veciños, unha das que xa se está a convertir nun clásico son as series de concertos musicais que se estan levando a cabo.

Neste caso os protagonistas foron Patricia Rejas e o seu fortepiano. Durante mais dunha hora disfrutamos dun variado repertorio musical e que fixo que outra vez se enchera de público a igrexa de Amorin.

Dende a Asociación Veciños de Amorin queremos agradecer a colaboracion económica aportada pola Concellería de cultura, educación e participación veciñal do Concello de Tomiño para levar a cabo este concerto.

IMG_6880-1 IMG_6891-1 IMG_6894-1 IMG_6897-1

.

.

.


Concerto de piano

09 junio, 2010 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

Concerto Patricia Rejas

Concerto Patricia Rejas

O sábado dia 12 de Xuño as 21:30 da tarde-noite Concerto de piano na igrexa de Amorin. Contamos coa actuación de Patricia Rejas. Foi profesora de piano dos conservatorios “Cristóbal Halffter” de Ponferrada (León) e Superior de A Coruña, e na actualidade o é no Conservatorio Superior de Vigo.

O fortepiano que se utilizará neste recital é un instrumento construido en Francia polo afamado constructor de claves y fortepianos Jacques Braux. É unha copia dun fortepiano creado por Stein alrededor de 1780, co mecanismo típico vienés.

Este concerto organizado pola Asociación Veciños de Amorin, conta coa financiación da Concelleria de Cultura, educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño