Doazón de libros da Diputación de Pontevedra

11 noviembre, 2011 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

A Asociación Veciños de Amorín, recibiu unha doazón de libros, proveñentes da Deputación de Pontevedra. Con esta nova remesa, vaise incrementando o número de libros da biblioteca, que esta Asociación, está a intentar facer, na Casa dos Mestres.

 

A Asociación Veciños de Amorín, agradece a intervención do deputado provincial, Pablo Baquero, que fixo posible a chegada destes libros a Amorín.


Boletin informativo Novembro 2011

05 noviembre, 2011 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

Xa está na rúa i nesta web o Boletín informativo que mensualmente edita a nosa asociación.

Si queres baixar o boletin en formato PDF fai click aqui.

Boletin informativo Novembro 2011    [23]
    Boletin informativo Novembro 2011


Cambio da parada escolar do Instituto

03 noviembre, 2011 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

A Asociación Veciños de Amorín, a instancias dos pais e nais dos alumnos de Secundaria que acoden ao IES de Tomiño, solicitou o cambio da parada do autobús deste instituto. A causa desta petición é o perigo que corren os rapaces e rapazas, ao cruzar a estrada e ter que permanecer nela, á espera do autobús.

Dende o martes dia 2 de novembro, os nenos e nenas do IES de Tomiño, xa collen o autobús diante da Igrexa de Amorín.

Os país e nais agradecen a xestión realizada i esta Asociación agradece aos responsables a decisión tomada.


Magosto 2011 en Amorin

02 noviembre, 2011 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

Data: Sábado 5 de novembro

Hora: a partir das 5 da tarde

Lugar: Casa dos mestres de Amorin

 

Castañas asadas e viño novo para tod@s, queimada, música e animación.

 

Organiza Asociación veciños de Amorin e colabora o Concello de Tomiño.


PARADA DE AUTOBÚS PERIGOSA EN AMORIN

15 octubre, 2011 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

A Asociación Veciños de Amorín, a instancias dos pais e nais dos alumnos de Secundaria que acoden ao IES de Tomiño, solicitou o cambio da parada do autobús deste instituto. A causa desta petición é o perigo que corren os rapaces e rapazas, ao cruzar a estrada e ter que permanecer nela, á espera do autobús.

 

A solicitude, enviouse á Dirección do instituto, á empresa que fai este servizo, e ao Xefe Territorial de Educación, D. César Pérez Ares. No instituto dixeron que por eles non había ningún problema. A empresa de transporte tampouco. Ambas entidades están sempre dispostas ao que digan os responsables de educación na Xunta de Galicia.

 

O Señor Pérez Ares, a día de hoxe, aínda non respondeu á esta petición, enviada o 30 de maio de 2011(por correo certificado e con rexistro de Correos, da mesma data).

 

Mentres tanto, pais e nais, pregúntanse quen vai ser o responsable se un dia pasa algo. ¿Temos que esperar a que un neno sexa atropelado para que os políticos lean as peticións que se lles envía? Para isto non fan falta cartos. Só un pouco de sentido común,para autorizar o traslado dunha parada, como xa se fixo coa parada dos nenos pequenos, que se levou a 50 metros máis adiante.


Doazón de Libros para a Biblioteca de Amorin

16 septiembre, 2011 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

A Asociación Veciños de Amorín, acaba de recibir unha doazón de libros procedente da Axencia Municipal de Lectura de Chapela, que depende da Biblioteca Pública Municipal de Redondela.

 

Seguindo co seu interés por crear unha biblioteca, esta Asociación vai chamando as portas das institucións e dos particulares, que queren doar libros.

Neste caso, da man da responsable da Axencia de Lectura de Chapela, Mª José Villar, a quen agradecen a súa amabilidade e colaboración, recolléronse 10 caixas de libros. Estes, de temática variada, van enchendo as estanterías, na Casa dos Mestres, en Amorín.

Queremos agradecer públicamente a Axencia Municipal de Lectura de Chapela por colaborar no proxecto de  construcción dunha biblioteca no noso pobo.


Clases de ximnasia a partir de outubro

15 septiembre, 2011 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

No mes de outubro, comezarán de novo as clases de Ximnasia de mantemento na Casa dos Mestres de Amorín.

Terán lugar, cada martes e xoves, no horario habitual de 20h00 a 21h00.

Despois das 21h00, haberá tamén un servizo de masaxe terapeutico, para as persoas que o demanden.

 

A inscrición no enderezo avdamorin@gmail.com e no teléfono 698 170778

 

Fotos do curso anterior



Clases de aerobic en Amorin

14 septiembre, 2011 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

No mes de outubro, comezará na Casa dos Mestres de Amorín, a actividade de Aeróbic.

Esta actividade desenvolverase cada venres, no horario de 19h30 a 20h30.

Os grupos terán unha capacidade máxima de 15 persoas.

O prezo será de 12 € por mes.

O comenzo do curso será o día 7 de outubro.

 

A inscripción no enderezo avdamorin@gmail.com e no teléfono 698 170778