A Diputación de Pontevedra concédenos unha subvención

10 septiembre, 2011 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

SUBVENCIÓN DE 1.000 EUROS PARA MATERIAL INFORMÁTICO PARA A ASOCIACIÓN VECIÑOS DE AMORIN

A Asociación Veciños de Amorín, solicitou diante da Deputación Provincial de Pontevedra, unha subvención para poder comprar un equipo informático, dentro do programa Plan de Acción Rural.

Esta subvención, foille concedida e desta maneira, esta Asociación pretende dotarse cunha mínima infraestrutura informática para poder ofrecer mellos servizos os veciños de Amorin.


Clases de Baile moderno

05 septiembre, 2011 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

O vindeiro 16 de setembro, comezará na Casa dos Mestres de Amorin, a actividade de baile moderno, dirixida a nenos e nenas.

Poden apuntarse os rapaces e rapazas que teñan entre 8 e 14 anos.

As prazas son limitadas, xa que o número máximo é de 15 persoas. A inscrición será por orde de entrada.

Esta actividade terá lugar de 18h00 a 19h00.

O prezo é de 12 € por mes.  A inscripción no enderezo avdamorin@gmail.com e no teléfono 698 170778


Boletín informativo de setembro de 2011

05 septiembre, 2011 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

Xa se encontra a vosa disposición o boletín informativo que mensualmente edita esta asociación.

.

Si queres baixalo fai click aqui

 

Folla informativa Setembro 2011    [27]
    Folla informativa Setembro 2011


Curso de encaixe de bolillos

02 septiembre, 2011 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

A Federación de Asociacións Terra Miño, convoca unha nova edición do Curso de Bolillos.

O curso comezará o vindeiro martes 4 de outubro.

Este curso, que se ven impartindo na Casa da Cultura de Tomiño, terá lugar cada venres, de 16h30 a 19h30 da tarde.

As prazas son limitadas. Haberá un máximo de 12 persoas en cada quenlla. Se houbera moita afluencia, faríase outro curso en paralelo.

Poden anotarse todas as persoas que o soliciten, interesadas na aprendizaxe desta arte manual.

O prezo do curso é de 25 euros por mes.

Os membros das asociacións pertencentes á Federación (Asociación Veciños de Amorín, Asociación Veciños de Carregal, Asociación Veciños de Currás, Asociación de Veciños de Sobrada, Asociación Veciños de Taborda, Asociación Veciños de Barrantes, Asociación Veciños de Pinzás e Asociación Veciños O Árbol de Vilachán), só deberán pagar 15 euros.

 

O teléfono de contacto, para anotarse é 699 198853.


A biblioteca da Coruña doa libros para Amorin

29 julio, 2011 Autor: Jose M. Comentarios desactivados

A Asociación Veciños de Amorín, recolleu na Coruña, doce caixas de libros, doados por Bibliotecas Municipais da Coruña.

 

Os libros, na maior parte de temática infantil e xuvenil, estarán a disposición de todos, en canto sexan inventariados.

 

As doce caixas de libros doadas, pasarán a formar parte dos libros que, pouco a pouco, van conformando a biblioteca de Amorín.

 

Dende aqui queremos agradecer a aportación doada pola Biblioteca municipal da Coruña por axudar e contribuir  a construir unha biblioteca pública en Amorin.


Ruta en bicicleta e piragua o 30 de xullo

26 julio, 2011 Autor: Jose M. Comentarios desactivados



Cine no torreiro 29 de xullo

25 julio, 2011 Autor: Jose M. Comentarios desactivados


Cine no torreiro 22 xullo 2011

18 julio, 2011 Autor: Jose M. Comentarios (1)