20 marzo, 2011
Autor: programacion
Comentarios desactivados
A Federación de Asociacións de Tomiño, en colaboración coa Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal, continúa o ciclo “Coñece as nosas parroquias”. O vindeiro sábado 26 de marzo, terá lugar a andaina correspondente a Carregal.
A saída será as 16:00 da tarde na Ponte de Carregal (ao carón da estrada de Tui a Garda), á altura da ponte do Rio Furnia. Farase un percorrido por o paseo fluvial, o embarcadoiro, a Veiga de Abaixo, o Muiño das Regadas e a Ponte da Faia.
Comentarios desactivados
05 marzo, 2011
Autor: programacion
Comentarios desactivados
Xa se encontra a vosa disposición a folla informativa correspondente o mes de marzo de 2011. Nela damos conta das actividades realizadas, asi como das vindeiras.
Si queres baixalo fai click aqui.
Comentarios desactivados
21 febrero, 2011
Autor: programacion
Comentarios desactivados
ASAMBLEA XERAL DE SOCIOS
ASOCIACIÓN VECIÑOS DE AMORIN
Data: Domingo 27 de Febreiro de 2011
Hora: 1ª convocatoria 11:00 AM y en 2ª convocatoria as 11:30 AM.
Lugar: Casa dos Mestres de Amorin.
Comentarios desactivados
20 febrero, 2011
Autor: programacion
Comentarios desactivados
O sábado 19 de Febreiro de 2011 comenzou no pabillón de Deportes de Sobrada un curso de cestería. Este curso organizado pola Federación de Asociacións TerraMiño trata de acercar a todos esta antiga técnica da cestería.
A asociación veciños de Amorin colabora e apoia esta iniciativa, y do noso pobo de Amorin acudiron alguns dos alumnos que participan neste curso.
Debido a gran demanda que tivo este curso xa se estan a estudiar outras posibles datas para impartir outros turnos.
Comentarios desactivados
20 febrero, 2011
Autor: programacion
Comentarios desactivados
…
.
.
OBRA: “POR BORRACHÍNS”
COMPAÑÍA: CALDEMIÑOS de Caldelas de Tui
DATA: Sábado 26 de Febreiro de 2011
HORA: 20:30
LUGAR: Casa dos Mestres de Amorin.
ORGANIZA: Asociación Veciños de Amorin.
Comentarios desactivados
10 febrero, 2011
Autor: programacion
Comentarios desactivados
Como tódolos meses xa está na rúa a folla informativa que esta asociación edita mensualmente. Nela damos conta das actividades e novidades propostas por esta Asociación de veciños de Amorin.
Para descargala fai click aqui .
Comentarios desactivados
07 febrero, 2011
Autor: programacion
Comentarios desactivados
A Asociación polo Saneamento de Tomiño comunica:
O vindeiro 12 de febreiro, vanse entregar no Concello, as mais de 2000 sinaturas dos veciños que pedimos o Saneamento en Tomiño.
Temos que estar todos alí, dando o noso apoio ás persoas que están a traballar por todos.
Non podemos quedar na casa, á espera de que outros o fagan por nós.
Non é un tema político: os de dereitas, os de esquerdas, os do centro, os independentes… TODOS temos desagües de lavadoras, de duchas, de augas fecais…
As augas dos nosos pozos están contaminadas. É un tema de saúde. Un Concello con 13.000 habitantes, sen saneamento, parece tercermundista.
Non é preciso facer nada. Só temos que estar diante do Concello ás 12 da mañá.
Todos os veciños unidos, para que as diferentes administración escoiten as nosas necesidades e nos fagan caso.
Comentarios desactivados
11 enero, 2011
Autor: programacion
Comentarios desactivados
Xa está a vosa disposición a folla informativa de Xaneiro do ano 2011. Si queres baixala fai click aqui >>>> FOLLA INFORMATIVA XANEIRO 2011
Comentarios desactivados