Quen somos
A Asociacion Veciños de Amorin, naceu o 15 de marzo do ano 2009. A súa orixe, forma
parte da idea de crear un marco institucional para o desenvolvemento de actividades, encamiñadas a dinamizar a vida social e cultural na parroquia de Amorín (Tomiño).
A directiva actual desta Asociación, está formada polas seguintes persoas:
· José Quinteiro, Presidente
· Rosa Mª Fonterosa, Vicepresidenta
· José Manuel Álvarez, Secretario
· Eduardo Barciela, Tesoureiro
· Venancia Nieves Castro, Vocal
· Alejandro Fonterosa, Vocal
· Diego Melo, Vocal
Figura como tal, para os efectos de publicidade (como dispón o artigo 22 da Constitución Española), no Rexistro Provincial de Asociacións, dende o 20 de maio de 2009.
Dende o 23 de xuño de 2009, consta no Rexistro Municipal de Asociacións Veciñais do Concello de Tomiño.
O recoñecemento do seu carácter social, como entidade sen ánimo de lucro, pola Agencia Tributaria, data do 18 de xuño de 2009.
Forma parte da Federación de Asociacións Terra Miño, e da Asociación polo Saneamento en Tomiño, e o seu presidente, forma parte do Consello de Cultura do Concello de Tomiño.
Ten a súa sede social provisional na Casa do Pobo de Amorín.
O seu enderezo electrónico é avdamorin @ gmail.com
O seu sitio web é www.damorin.es
