Recollida concurso postais nadal

diciembre 03, 2011 Autor: Jose M. Categoria: actividades

A Asociación Veciños de Amorín, empezou a recoller o pasado domingo 27,  as postais do concurso que organiza, dirixido a nenos e nenas, dende os 3 ata os 16 anos.
Este concurso de postais de Nadal,  está aberto a tod@s.

O próximo domingo 4 de decembro será o segundo día no que se poden entregar as postais de todos os que queiran participar.
Os traballos deben presentarse na Casa dos Mestres o domingo  de 11 a 12 da mañá.
O xurado calificador, elixirá un gañador en cada categoría, entre todos os  traballos presentados, que serán expostos na Casa dos Mestres o dia 18 de decembro.
Entre todas as postais presentadas, elixirase unha, que será a utilizada para felicitar o Nadal a todos os soci@s.

O gañador de cada unha das catro categorías, recibirá un diploma acreditativo e un agasallo:

PREMIOS:

- 1ª CATEGORÍA:(hasta 5 anos)  – PIZARRA MAGNÉTICA.

- 2ª CATEGORÍA: (de 5 a 9 anos) – UN MP3.

- 3ª CATEGORÍA: (de 9 a 13) – UN MP3.

- 4ª CATEGORÍA: (de 14 a 16) – UN MP3.

 

Aquí as bases de concurso.
.

----- X -----