Recollida de alimentos e xoguetes
A Asociación Veciños de Amorín, vai colaborar coa campaña promovida dende o Concello de Tomiño, para recoller por as parroquias alimentos non perecedoiros e xoguetes en bo estado, destinados a familias que o precisen.
As persoas que queiran colaborar, poden achegar as súas doazóns os días 8 de decembro de 17 a 19 horas e o día 18 de decembro de 11 a 13 horas, na Casa dos Mestres de Amorín.
A entrega das doazóns, será organizada por os Servizos Sociais do Concello de Tomiño.
LEMBRA que cerca túa
hai xente necesitada
.
.
